29/01/07

PRIMEIRA METEDURA DE PATA / A REVELACIÓN DE PAUL


O alumno, do que non vamos a desvelar o nome, Jorge Luis Porto tivo un pequeno accidente de navegación provocado, segundo a súa testemuña, pola interferencia na súa traxectoria dunha esquiadora en mal hora nacida. As consecuencias do choque foron a defunción de catro paos que delimitaban a pista e a provocación dun esguince no nocelo do “esquiador”-alumno.

Paul, tamén chamado Diego Oliveira, sufriu un drástico cambio na súa carreira deportiva despois de darse conta de que levaba “toda a súa vida” coas botas mal postas. Hai que puntuar que a súa única esperiencia co esquí foi fai dous anos durante unha semana. Esta era a causa, segundo el, da súa torpeza nesta actividade. Opinión que nós non compartimos.

1 comentário:

Anónimo disse...

Coñecendo a Paul non é de estrañar que levara os esquis do revés, o raro é que se decatara de que era él e non os demais os que os tiñan mal.