23/01/07

CONFIRMADA HORA DE SAÍDA

O autobús sairá dende o IES M.G.B. ás 20:30 horas do sábado 27 de xaneiro.
Por mor das baixas de última hora, teremos que compartir autobús co IES Cruceiro Baleares da Coruña, polo que unha vez saiamos da Estrada teremos que pasar a recollelos antes de iniciar a viaxe cara a Andorra. En principio son 12 persoas, polo que practicamente completaremos todos os asentos.
Recordade que o xoves 25 teremos a última reunión no segundo recreo na sala de usos múltiples.
Por último recordarvos que segue a nevar forte en Andorra, e así parece que seguirá nos próximos días. As temperaturas en pistas están ó redor dos -5 graos, e pola noite en Andorra la Vella espéranse valores de ata -9, ou sexa que ide abrigados!!

Sem comentários: