10/01/07

FALTAN 17 DÍAS

Cada vez falta menos para o día D, e segue sen nevar. Está claro que ou ben non neva nada de nada ou ben nos vai coller alí a nevada do século, porque tal e como están as cousas este ano pasará á historia como o ano de menos neve que se recorda nos Pirineos (cousas do cambio climático ...)
En fin, esperemos que a situación cambie e que cando cheguemos poidamos desfrutar de neve en abundancia, e pistas e remontes funcionando a tope (hoxe están ó 50% ...).
Podedes xa ir pagándolle a Manuel del Río os 295 € que faltaban. Na axencia dixéronme que tiñamos que pagar antes da última semana, ou sexa que imos poñer como data límite o venres 19.

Sem comentários: