27/01/07

A VIAXE



Despois de saír da Estrada pasaremos pola Coruña para recoller ao grupo do IES Cruceiro Baleares que farán a viaxe connosco (e non só a viaxe, xa que subiremos e baixaremos todos xuntos a pistas).
Colleremos a A6 e ao chegar a Astorga, sobre a 12:45 h., tomaremos a A66 en dirección a Burgos, onde estaremos contra as 3:30 horas. Seguiremos pola AP1 ata Miranda de Ebro, e de alí colleremos a AP-68 dirección Logroño, ata chegar prego de Zaragoza, sobre as 7:30 da mañán. Seguiremos dirección Lleida e despois desviarémonos para dirixirnos a La Seu dÚrgell, na fronteira xa con Andorra. Sendo optimistas estaremos alí máis ou menos ás 12:00 horas. A DGT non prevé incidencias polas estradas polas que imos circular.
A temperatura prevista en Andorra será duns 6 a 8 graos de máxima e -3 de mínima. Segundo as previsións teremos sol nos próximos días.

Sem comentários: