31/01/07

Otro día más.. y ya van 3!!

Recuperándonos de nuestros dolores y contratiempos, después de a visita a la ya amiga farmacéutica, decidimos desempolvar nuestras tablas de lo oscuro del autobus para adentrarnos en una historia que marcaría un mito. Ya en pistas, después de la larga caminata al telecabina, que espero que no se repita porque no era época del jubileo, nos pusimos las tablas y empieza la mañana. Después de los incidentes de Berrolo y Meji protagonistas de la serie “PerDiDos en la Nieve” Fonso y yo con nuestros 2 trozos de madera atados a los pies seguimos el ascenso a la cima, esquivando hielo, derrapando, haciendo lo imposible por no meterte eso que llaman "La ostia de tu vida". Un reto bastante duro para dos chicos que solo conocía la tabla en fotos o televisión no? Ante todo pronóstico y adversidad, soportando los terribles dolores musculares de bajar frenando en un solo sentido por nuestro gran conocimiento de la materia, llegaron los juegos. Todos felices de haber conseguido la hazaña de superar a la cumbre, hicimos carreras a 4 patas como niños con un monopatín nuevo. :) Y así proseguirán los días, pegandose de culadas y de tortazos hasta que se aprenda. De aquí parte el mote: Muñecos de nieve.
Unay-------------------------------------------------------Fonso

30/01/07

Fenómenos Pal-anormales


Por Sara:

Perdin un esquí!!! Bueno, resulta que eu creía que tiña un certo control sobre o basico do esquí asique ao segundo dia de neve decidimos baixar por unha azul. As primeiras veces todo foi ben pero a cuestion chegou á terceira vez que xa me pegeui unha boa o sair do remonte. Cando superei esa decidin baixar a pista e descansar un pouco hasta a hora do cursillo pero… que gracia pensar que iba botar un “pouquiño de tempo” en baixala… Empecei a baixar a costa e de repente collin moitisima velocidade e deixeime ir hasta que parara contra alguen ou contra algo pero mentres tanto iba intentando esquivar todo o que podia hasta que me tropecei con un pequeno desnivel no medio da pista no tramo mais inclinado e fun a rolos media costa abaixo. Soltouseme un esquí, as gafas quedaron tiradas tamen por alí e os bastons tamen. Ó que parei de dar voltas, soltei o esquí que me quedaba, levanteime e o primeiro que me pasou foi ir coller as gafas e limpalas pa poder ver algo e cando as limpei e as puxen collin o esquí que me soltara e o baston e cando fun coller o outro esquí e o outro baston non habia nin rastro deles en todo o ancho da pista. Casualmente pasou por alí Cris e mandeille que parara pa que me axudara, non fora a ser que quedara tocada e non vira ben…peo non estaba engañada: o esquí e o baston desapareceran!! Subin un trozo de costa para ver se por casualidade subira solo pa arriba pero volvin pa abaixo sin éxito. Despois tamen parou Kiko que tamen estuvo buscando comigo e incluso miramos pola parte do barranco que nese tramo tiña valla, a ver se alguen o tirara por ali, pero tampouco foi así. De modo que Kiko e Cris baixaron a costa mirando a ver se o vían e eu collin o esqui que me quedaba e o baston e puxenme a baixar a costa toda a patas.

PERDIDOS EN ANDORRA


Por: Berrolo y Meji.
Despues de dos días de sky por primera vez, decidimos ir con unos amigos y bajar una pista azul nueva, lo que no sabiamos era lo que nos esperaba.Detrás de una facil bajada de 500 metros encontramos un muro que tubimos que saltar sin saber esquiar, cuando nos estabamos preparando para bajar la siguiente pista con la que enlazaba uno de los pistas vio que no teniamos ni … idea y nos aconsejó que bajaramos a pie, tardamos mas de lo esperado y cuando llegamos al final de las pistas el remonte por suerte estaba cerrado, los amables trabajadores de la estacion nos subieron en su autobus a punto de jubilarse y tras 15 minutos de espera los monitores pudieron ver nuestras caras para poder aplicarnos el correctivo.NUNCA SALDREMOS DE LAS FACILES.

29/01/07

PRIMEIRA METEDURA DE PATA / A REVELACIÓN DE PAUL


O alumno, do que non vamos a desvelar o nome, Jorge Luis Porto tivo un pequeno accidente de navegación provocado, segundo a súa testemuña, pola interferencia na súa traxectoria dunha esquiadora en mal hora nacida. As consecuencias do choque foron a defunción de catro paos que delimitaban a pista e a provocación dun esguince no nocelo do “esquiador”-alumno.

Paul, tamén chamado Diego Oliveira, sufriu un drástico cambio na súa carreira deportiva despois de darse conta de que levaba “toda a súa vida” coas botas mal postas. Hai que puntuar que a súa única esperiencia co esquí foi fai dous anos durante unha semana. Esta era a causa, segundo el, da súa torpeza nesta actividade. Opinión que nós non compartimos.

27/01/07

A VIAXE



Despois de saír da Estrada pasaremos pola Coruña para recoller ao grupo do IES Cruceiro Baleares que farán a viaxe connosco (e non só a viaxe, xa que subiremos e baixaremos todos xuntos a pistas).
Colleremos a A6 e ao chegar a Astorga, sobre a 12:45 h., tomaremos a A66 en dirección a Burgos, onde estaremos contra as 3:30 horas. Seguiremos pola AP1 ata Miranda de Ebro, e de alí colleremos a AP-68 dirección Logroño, ata chegar prego de Zaragoza, sobre as 7:30 da mañán. Seguiremos dirección Lleida e despois desviarémonos para dirixirnos a La Seu dÚrgell, na fronteira xa con Andorra. Sendo optimistas estaremos alí máis ou menos ás 12:00 horas. A DGT non prevé incidencias polas estradas polas que imos circular.
A temperatura prevista en Andorra será duns 6 a 8 graos de máxima e -3 de mínima. Segundo as previsións teremos sol nos próximos días.

26/01/07

NÚMEROS FINAIS

Participación:
  • Seremos 36 alumn@s e e 3 profesores.
  • O curso que máis aporta é 1º de Bacharelato (19), e o que menos 3º da E.S.O., (3).
  • As clases máis numerosas, 1ºA e 1ºD, (6 cada unha); as menos, 3ºA e 4ºC da E.S.O. (1)
Reparto de habitacións:
  • Os alumnos, 24, ocuparán 6 habitacións cuádruplas.
  • As alumnas, 12, ocuparán 2 dobles e 2 cuádruplas.
  • Os profesores tres habitacións individuais.
Horarios finais:
  • O cursiño será de 12:00 a 14:00 horas.
  • A visita a Caldea o venres 2 de febreiro ás 16:30 h.

25/01/07

EQUIPAXE

¿está feita xa a maleta? ¿Sabemos xa o que temos que levar? Mellor será repasar un pouco todo.
Empecemos polo equipamento de esquí, a regra das tres capas:
  • unha camiseta, unha sudadera e a cazadora de esquí.
  • pantalón de esquí e medias tipo fútbol (polo menos dous pares)
  • Guantes de esquí (recomendados tamén unhs de seda para meter por debaixo dos outros)
  • Gafas de esquí ou de sol.
  • Braga.
  • Gorro se non se pensa usar o casco.
  • Un pañuelo ou unha cinta do pelo para poñer por debaixo do casco. (evita a suor excesiva...)
  • Crema de sol, barra de labios e recomendada crema hidratante para despois.
Para estar por Andorra:
  • Roupa de abrigo e botas fortes. Recordade que a máxima en Andorra la vella hoxe foi de 6 graos e a mínima de -4. (en pistas a temperatura era de -9)
Varios:
  • Útiles de aseo persoal.
  • cámara de fotos e teléfono móvil
  • traxe de baño para os que vaian a Caldea.
Documentación:
  • DNI ou pasaporte, e a autorización da garda civil
  • Tarxeta sanitaria.
pd: ¿caberá todo nunha maleta???

23/01/07

CONFIRMADA HORA DE SAÍDA

O autobús sairá dende o IES M.G.B. ás 20:30 horas do sábado 27 de xaneiro.
Por mor das baixas de última hora, teremos que compartir autobús co IES Cruceiro Baleares da Coruña, polo que unha vez saiamos da Estrada teremos que pasar a recollelos antes de iniciar a viaxe cara a Andorra. En principio son 12 persoas, polo que practicamente completaremos todos os asentos.
Recordade que o xoves 25 teremos a última reunión no segundo recreo na sala de usos múltiples.
Por último recordarvos que segue a nevar forte en Andorra, e así parece que seguirá nos próximos días. As temperaturas en pistas están ó redor dos -5 graos, e pola noite en Andorra la Vella espéranse valores de ata -9, ou sexa que ide abrigados!!

21/01/07

Esperando as nevadas desta semana

Chega o primeiro temporal deste atípico inverno. As previsións de nevadas para os vindeiros 3 días que podedes ver no mapa, outorgan uns espesores de 25 cm de neve para Andorra, como podedes apreciar na imaxe (área de cor marrón)
Agora mesmo a estación de Pal funciona ó 50% de pistas e remontes, todas con neve artificial.
Esperemos que poidamos ver por fin as montañas brancas e desfrutar de boa neve no máximo de pistas posibles.

17/01/07

DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE LEVAR

  • É obrigatorio para tódolos alumnos menores de 18 anos un certificado da Guardia Civil. ¿Cómo e onde se fai? O pai, nai ou titor legal do alumno deberá acudir ao Cuartel da Estrada co seu fillo, levando o D.N.I. e indicando as datas e destino da viaxe. (do 27 ao 3 de febreiro, Andorra). É un trámite moi rápido que se fai case no momento.
  • D.N.I. ou pasaporte.
  • Tarxeta sanitaria, ben sexa da Seguridade Social ou de MuFace ou calquera outro seguro privado. É conveniente por si pasa algo antes de entrar en Andorra. Unha vez alí, se fose necesaria atención médica, habería que pagar os servicios en efectivo e gardar as facturas para despois presentalas en España. Nese caso nós os profesores adiantaríamos o diñeiro necesario. Para o que poida pasar nas pistas de esquí estamos cubertos polo seguro da viaxe.

10/01/07

FALTAN 17 DÍAS

Cada vez falta menos para o día D, e segue sen nevar. Está claro que ou ben non neva nada de nada ou ben nos vai coller alí a nevada do século, porque tal e como están as cousas este ano pasará á historia como o ano de menos neve que se recorda nos Pirineos (cousas do cambio climático ...)
En fin, esperemos que a situación cambie e que cando cheguemos poidamos desfrutar de neve en abundancia, e pistas e remontes funcionando a tope (hoxe están ó 50% ...).
Podedes xa ir pagándolle a Manuel del Río os 295 € que faltaban. Na axencia dixéronme que tiñamos que pagar antes da última semana, ou sexa que imos poñer como data límite o venres 19.

02/01/07

Ano 2007 - Ano 2003

Moito teñen que cambiar as condicións metereolóxicas para que este ano atopemos tanta neve como no ano 2003, no que foi tomada esta fotografía, pois como saberedes, este ano non está habendo neve suficiente en case que ningunha estación do pirineo. Na nova páxina do IES MGB hai unha sección chamada galerías, onde temos pensado colgar todas as fotos saídas das nosas cámaras. De momento no álbum Andorra 2007 MGB só temos esta. ¿Alguén pode dicir quen son os dous encarapuchados da imaxe? Haberá premios variados para quen acerte ...