Algúns de nós nunca subíramos a uns esquís e outros tiñan malas experiencias, pero ibamos ilusionados como nenos pequenos… eses mesmos que nos adiantaban e se rían de nós cada vez que caíamos mentres eles pasaban fardando de habilidades que coñecen dende que comezan a andar…de este xeito comezamos unha serie de persoas as clases de iniciación ó esquí. Nestas clases coñecimos a uns compañeiros singulares que tamén eran galegos e compartian o bus con nós: Leo (comedor de rapaces no telesilla), Teva e Pipo. En ditas clases coñecimos tamén o que ía a ser a fonte da nosa nova sabiduría en temas de esquí, agradecemoslle a Alex a súa gran paciencia con nós, e tamén a cada unha das persoas que nos axudou a erguernos en cada caída. Alex sempre nos decía que eramos unha clase moi avanzada comparado cuns madrileños, e debido a unhas bromas e o noso peculiar estilo autochamámonos NIVEL 0 PRO.
--------------------------Chío, María e Iria.
--------------------------Chío, María e Iria.
Sem comentários:
Enviar um comentário