Hai frases perigosas no mundo. Unha delas é esa de “A que non te atreves a…”. E se esa frase a di alguén na porta dun ascensor, peor que peor. O caso é que estabamos catro persoas agardando para subir ao quinto andar do hotel. Eu era a última. Xusto cando chegou o ascensor, colouseme pola escuadra un dos Caminos, e meteuse cos outros tres, Plácido, Roi e Suízo. A profe protestou: “Ei, que te acabas de colar!!”. E recibiu de resposta: “Entra, que colles!!” “Non, non, que xa sodes catro e só poden ir tres e esu son a profe e debo ser responsábel…”. A que non te atreves???. Atrevinme. E quedamos atrapados até que chegou o de OTIS e nos liberou polo módico prezo de 90 euros.
-----------------------------------Susana
-----------------------------------Susana
Sem comentários:
Enviar um comentário