Unai, antes esquiador , pasa a engrosar as filas dos snowbordes ...
pd: que quede clara unha cousa, palilleiros bordes tamén os hai ...
Meu primer día de clase
Há 16 anos
Bitácora da viaxe a Andorra do IES Manuel García Barros da Estrada, en xaneiro do 2007.
Algúns de nós nunca subíramos a uns esquís e outros tiñan malas experiencias, pero ibamos ilusionados como nenos pequenos… eses mesmos que nos adiantaban e se rían de nós cada vez que caíamos mentres eles pasaban fardando de habilidades que coñecen dende que comezan a andar…de este xeito comezamos unha serie de persoas as clases de iniciación ó esquí. Nestas clases coñecimos a uns compañeiros singulares que tamén eran galegos e compartian o bus con nós: Leo (comedor de rapaces no telesilla), Teva e Pipo. En ditas clases coñecimos tamén o que ía a ser a fonte da nosa nova sabiduría en temas de esquí, agradecemoslle a Alex a súa gran paciencia con nós, e tamén a cada unha das persoas que nos axudou a erguernos en cada caída. Alex sempre nos decía que eramos unha clase moi avanzada comparado cuns madrileños, e debido a unhas bromas e o noso peculiar estilo autochamámonos NIVEL 0 PRO.
Hai frases perigosas no mundo. Unha delas é esa de “A que non te atreves a…”. E se esa frase a di alguén na porta dun ascensor, peor que peor. O caso é que estabamos catro persoas agardando para subir ao quinto andar do hotel. Eu era a última. Xusto cando chegou o ascensor, colouseme pola escuadra un dos Caminos, e meteuse cos outros tres, Plácido, Roi e Suízo. A profe protestou: “Ei, que te acabas de colar!!”. E recibiu de resposta: “Entra, que colles!!” “Non, non, que xa sodes catro e só poden ir tres e esu son a profe e debo ser responsábel…”. A que non te atreves???. Atrevinme. E quedamos atrapados até que chegou o de OTIS e nos liberou polo módico prezo de 90 euros.