Atendendo á suxerencia de Manuel, estamos pensando en incluír na viaxe unha sesión de patinaxe no xeo nas instalacións do
pazo de xeo de Andorra, situado no pobo de Canillo. Hai unha sesión de tarde ata as 19:30, e outra de noite chamada disco-xeo, de 22:30 a 12:30!!. A entrada custa 8,20 €, ou 7,20 € se imos como grupo. Pódese consultar a lista de prezos completa premendo
aquí. Enviade os vosos comentarios para dicir se preferides ir pola tarde ou pola noite á disco-xeo!