25/11/06

Andorra 2007: Programa e prezo por alumno

O Consello Escolar do IES Manuel García Barros da Estrada, vén de aprobar, na sesión celebrada o 21 de novembro de 2006, a viaxe a Andorra proxectada para a última semana de xaneiro de 2007, e na que participarán alumnos de 1º e 2º de bacharelato, e de 3º e 4º de E.S.O.
O programa da viaxe é o seguinte:

  • 27/01/2007, sabado: saída da Estrada pola noitiña (20:00 horas aproximadamente). 14/15 horas de autobús.
  • 28/01/2007, domingo: chegada a Andorra pola mañá. Recollida de material. Ingreso no hotel.
  • 29/01/2007 – 2/02/2007, luns a venres: xornadas de esquí na estación PAL-ARINSAL.
  • 02/02/2007, venres: saída pola tarde dende Andorra. (18:00 h. aproximadamente)
  • 03/02/2007, sábado: chegada á Estrada pola mañá. (10:00 horas aproximadamente)
Prezo: 395 € por alumno.

  • Inclúe:
    • Autobús
    • Hotel + cenas
    • Aluguer material (incluído casco)
    • Forfait 5 días
    • Clases de esquí/snow (2 horas diarias de luns a venres, de 10:00 a 12:00 h.)
    • Comidas en pistas
  • Non inclúe:
    • Cena do sábado 27 (viaxe autobús ida)
    • Comida do domingo 28 (chegada a Andorra)
    • Cena do venres 2 (viaxe autobús volta)
    • Entrada a Caldea (opcional 18 €)
    • Desconto de 10 € a quen teña material.
    • Suplemento de 42 € para quen queira facer snow (material e clases)
Os datos do hotel son os seguintes:
HOTEL CASSANY***
Av. Meritxell, 28 - Andorra la VellaTel. (376) 820 636 - Fax. (376) 863 609

Esta excursión está organizada polos profesores Manuel Del Río, Álvaro P. Vilariño e Lourenzo Álvarez.