O Consello Escolar do
IES Manuel García Barros da Estrada, vén de aprobar, na sesión celebrada o 21 de novembro de 2006, a viaxe a Andorra proxectada para a última semana de xaneiro de 2007, e na que participarán alumnos de 1º e 2º de bacharelato, e de 3º e 4º de E.S.O.
O
programa da viaxe é o seguinte:
- 27/01/2007, sabado: saída da Estrada pola noitiña (20:00 horas aproximadamente). 14/15 horas de autobús.
- 28/01/2007, domingo: chegada a Andorra pola mañá. Recollida de material. Ingreso no hotel.
- 29/01/2007 – 2/02/2007, luns a venres: xornadas de esquí na estación PAL-ARINSAL.
- 02/02/2007, venres: saída pola tarde dende Andorra. (18:00 h. aproximadamente)
- 03/02/2007, sábado: chegada á Estrada pola mañá. (10:00 horas aproximadamente)
Prezo: 395 € por alumno. - Inclúe:
- Autobús
- Hotel + cenas
- Aluguer material (incluído casco)
- Forfait 5 días
- Clases de esquí/snow (2 horas diarias de luns a venres, de 10:00 a 12:00 h.)
- Comidas en pistas
- Non inclúe:
- Cena do sábado 27 (viaxe autobús ida)
- Comida do domingo 28 (chegada a Andorra)
- Cena do venres 2 (viaxe autobús volta)
- Entrada a Caldea (opcional 18 €)
- Desconto de 10 € a quen teña material.
- Suplemento de 42 € para quen queira facer snow (material e clases)
Os datos do hotel son os seguintes:
HOTEL CASSANY***
Av. Meritxell, 28 - Andorra la VellaTel. (376) 820 636 - Fax. (376) 863 609
Esta excursión está organizada polos profesores
Manuel Del Río,
Álvaro P. Vilariño e
Lourenzo Álvarez.